O pior dato diario do que levamos de pandemia na Área Sanitaria de Ourense: 101 novos casos positivos en coronavirus na últimas 24 horas

2, Abril 2020

Record de contaxios nun dia na Área Sanitaria de Ourense, tras os datos actualizados pola Xunta este mediodia, 101 novos casos no transcurso das últimas 24 horas, que eleva a cifra total de positivos en COVID-19 na provincia a 660 persoas.

En todo caso, Galicia continúa coa taxa de letalide máis baixa de todas as comunidades autónomas de España, cun 2,32% respecto da media do estado que é dun 8,86 %. Tan só as cidades autónomas de Ceuta e Melilla teñen unha taxa inferior, cun 1,96% e 1,61% respectivamente. A taxa de letalidade reflicte a porcentaxe de falecidos respecto dos contaxiados.

No referido aos últimos datos, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 4.379, deles 954 son da área da Coruña, 520 da de Lugo, 660 da de Ourense, 393 da de Pontevedra, 1.018 da área de Vigo, 591 da de Santiago, e 243 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 165 permanecen en UCI, 819 están en unidades de hospitalización e 3.395 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 333 altas de pacientes e 130 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 21.360.