O Pleno está convocado para este lúns: a corporación elixe a José Manuel Iglesias como novo alcalde de Maside, tras a renuncia de Celso Fernández

2, Decembro 2018

Tras varias semanas de incertidume, o concello de Maside terá este lúns dia 3 de Decembro un novo alcalde, o pleno da corporación está convocado para as trece horas.

Despóis de facélo público e auncialo fai varias semanas atrás, Celso Fernández fará efectiva a súa renuncia á alcadía ante o pleno do concello de Maside, éste será o primeiro punto da órden do dia desta sesión plenaria convocada a tal efecto.

Dende dias atrás, o grupo socialista que goberna o concello cunha cómoda maioria de 7 concelleiros, acordou que o seu substituto na alcaldía sería o ata agora tenente alcalde José Manuel Iglesias. Será elexido como novo alcalde de Maside no segundo punto da órden do dia, e tras aceptar a renuncia do que foi rexedor municipal de Maside durante os 3 últimos mandatos municipais, dende o ano 2007, sempre con maioría absoluta dos socialistas.

Xa no terceiro e derradeiro punto do pleno, Celso Fernández tamén presentará a súa renuncia como concelleiro da corporación municipal de Maside.

O seu destino será a Dirección Provincial do INEM, ademáis de asumir novas responsabilidades políticas no organigrama provincial do PSdeG-PSOE.

José Manuel Iglesias "Cadavid", arquitecto de profesión, veu exercendo estes últimos anos como tenente alcalde e concelleiro de urbanismo no goberno municipal, dende este lúns é o novo alcalde do concello de Maside.