O Pobo de Dacón convídate ao nadal viviente, este dia de nadal na carballeira da Garrida

24, Decembro 2023

90 veciños e veciñas da parroquia de Dacón convídante a achegarte este lúns 25 de decembro, dia de nadal,  á carballeira da Garrida, na que todo está preparado para unha nova edición do Belén Viviente, co que a veciñanza deste pobo celebra desde fai 33 anos este acontecemento.

As escenificacións comezarán ás 11:30 da mañá e o mediodia celebraráse a misa campestre do nadal na propia carballeira da Garrida.

Non faltarán os postos de oficios, artesáns e mesmo gastronómicos, este ano cun porquiño ao espéto que será degustado gratuítamente. A organización agradece a colaboración de todos os colaboradores, tamén dos institucionais, neste caso o concello de Maside e a Deputación.