O Popular José Luis González será o novo alcalde cos votos na investidura de Veciños de Piñor

11, Xuño 2015

O candidato do Partido Popular sumará aos seus tres votos os dous que lle outorgarán Veciños de Piñor, que asi fará posible que este concello teña un novo alcalde este sábado dia 13 de Xuño. Tras doce anos, perderá a alcaldia o socialista Francisco Fraga.

Aínda que Veciños de Piñor dará o seu apoio ao candidato popular na sesión de investidura, quédase ao marxe do goberno municipal, non hai pacto de goberno, que deberá afrontar en minoria o novo alcalde. Os intentos de chegar a un acordo de gobernanza resulturon infructuosos entre ambas formacións políticas.

Asi e todo, Veciños de Piñor vai votar a favor do candidato popular porque "a cidadanía de Piñor votou a favor dun cámbeo político no concello, vistos os resultados, está claro que recibimos un gran número dos nosos votos de xente do PP, e por eso imos facilitarlle ese cámbeo, pero esto non é un cheque en branco, agora deberán demostrar a súa cintura política e se queren o noso apoio terán que gañalo", dixo nesta emisora de radio Uxío Rodríguez, en representación da candidatura Veciños de Piñor.