O PP aproba o plan de axuste para o pagamento dos atrasos aos proveedores, a pesar das duras críticas de PSOE e BNG

30, Marzo 2012

O Grupo de goberno do PP sacou adiante a proposta á que se opuxeron os grupos da oposición, os socialistas calificarono como o "plan Marnotes que vai destrozar os bolsillos dos carballiñeses" e a concelleira do BNG como "un expolio á economia dos veciños".

O Partido Popular tivo que facer valer a súa maioria no pleno da corporación municipal do Carballiño para aprobar o plan de axuste requerido polo Real Decreto ao que se acolleu o concello carballiñés para o pagamento aos proveedores, en total 898 facturas correspondentes aos últimos once anos de goberno socialista que estaban pendentes de pagamento a 177 proveedores por un importe de 1.602,806 euros.

O plan de axuste fixa unha reducción dos servizos de carácter non obrigatorio, como a emisora municipal de radio "aproximadamente 60 mil euros ao ano" según manifestou o Alcalde Argimiro Marnotes, que tamén se referíu "ao aforro en gasto de telefonía móbil e fixa, que será aproximadamente de 40 mil euros ao ano". O Concello viña pagando uha media de 72.000 euros anuais en factura telefónica, que tras negociacións dos responsables municipais esperan deixan agora en 32.000 euros.

A bonificación contemplada para os contribuíntes que teñan domiciliación bancaria pasará do 3% ao 1,5%, e no capítulo de transferencias correntes "reducese a aportación ás festas patronais e suprimense as subvencións ás asociacións de veciños", en ambos conceptos prevese un aforro de 20.000 euros anuais.

En canto as taxas municipais, o plan de axuste incrementará o prezo dalgunhas taxas, como as relativas á escola de teatro que subirán un 3,5%, e as das escolas deportivas, que se incrementarán un 15% anual e conxelanse gastos de mantemento como os relativos ao conservatorio de música.

Ademaís, o plan de axuste tamén fai necesaria a revisión de ingresos do IBI, que pasará no municipio do Carballiño dun tipo impositivo do 0,44 ao 0,50 que se aplicará en 2012 e ao 0,60 en 2013, uns incrementos que veñen determinados xa por lei.

Desde o PSdG, o seu Portavoz Adolfo Nogueira dixo que éste era  " o plan Marnotes, que lle vai costar O Carballiño  600.000 euros en xuros ós bancos". Nogueira manifestou que "non había que subir as taxas senón aforrar cunha política laboral sensata e non pagando 50 mil euros en indemnizacións por despidos improcedentes a traballadores que estaban cumplindo nos seus postos de traballo"

Non se quedou atrás nas súas críticas a Concelleira do BNG. Áurea Francisco dixo que era "o plan do PP para darlle máis cartos ós bancos´" e en relación á nova situación -en alusión a esa lei estatal que fixa os tipos impositivos mínimos no IBI a aplicar nos concellos- dixo que é "un asalto á democracia muncipal por parte do Partido Popular".