O PP pide ao concello que se posicione en contra da incineradora de neumáticos que pretende ubicarse en Maside

19, Febreiro 2016

O grupo municipal do Partido Popular presentou no rexistro municipal unha moción para tratar no próximo pleno que celebre a corporación na que piden un acordo de rexeitamento a este proxecto industrial que pretende ubicarse no municipio de Maside.

Os populares recordan nesta moción os acordos que no seu dia se adoptaran por parte do concello do Carballiño tanto en contra da incineradora de lixo que se proxectaba no Irixo como a de compostaxe no municipio de Cea, e pide agora o mesmo posicionamento da corporación municipal contra este proxecto no concello de Maside.

Para acceder á moción do Partido Popular prema no arquivo adxunto: