O presidente da Deputación anuncia novos proxectos financiados pola entidade provincial no municipio do Carballiño

9, Febreiro 2018

O Presidente da Deputación, Manuel  Baltar, visitou diversas obras financiadas polo organismo provincial no concello do Carballiño. Así, estivo no estadio de Espiñedo, nas Caldas de Partovia e na rúa Otero Pedrayo, cuxas obras de reforma da rede de abastecemento e asfaltado comezarán en breve.

Na visita ao estadio municipal de Espiñedo,  Baltar foi recibido polo alcalde, Francisco Fumega; o concelleiro de Deportes, José Manuel Dacal; o presidente do Club Deportivo Arenteiro, Xan Pinal, os portavoces do PP, BNG e AV-SON, Argimiro Marnotes, Francisco Ferreiro e Bernardo García, así como a deputada provincial do PP, Teresa Cerdeira e demáis concelleiros do PP.

Tras percorrer as instalacións arranxadas (zona de vestiarios), que tivo un investimento da Deputación de 60.000 euros, o presidente da Deputación compromoteuse a financiar a colocación de cadeiras nas bancas de grada, que foi una petición realizada polo presidente da entiade deportiva. T

Tanto o presidente de C.D. Arenteiro como o alcalde agradeceron a Baltar a úa colaboración co deporte en particular e co Carballiño en xeral. O alcalde destacou a boa colaboración que hai entre as dúas institucións, e agradeceu o financiamento da Deputación na mellora das infraestruturas e instalación deportivas de vila carballiñesa.

A continuación, Manuel Baltar deprazouse ata as Caldas de Partovia, onde a Deputación financiou o asfaltado e mellora da rede de abastecemento das Caldas de Partovia, así como a beirarrúa e acceso al balneario, cuxo custo foi de 60.000 euros, dentro do Plan Termal de Ourense.

Ao respecto, Baltar sinalou que O Carballiño era un emblema importante dentro do termalismo provincial e galego, e que por iso seguiría apoiando iniciativas que redundasen na mellora dos balnearios carballiñeses.

Así, anunciouse o asfaltado da estrada dende Montegrande ás Caldas, co obxectivo de facilitar o tránsito de autocares ata o balneario. Nesta visita ás Caldas tamén estivo presente o director do balneario, Jesús Garriga. Finalmente, visitouse a rúa Otero Pedrayo, onde obras de reforma comezarán en breve co cofinanciamento da Deputación e do concello.