O Presidente da Xunta realizará o vindeiro sábado a súa primeira visita institucional ao Carballiño, con motivo da Xuntanza de Maiores

22, Xuño 2009

A Directora Xeral da depencencia e autonomia persoal, Coro Piñeiro, confirmou hoxe nunha entrevista con Xan Pinal no programa "a mañá de Cope O Carballiño" que o Presidente da Xunta de Galicia asistirá este vindeiro sábado á Xuntanza de Maiores que terá lugar no parque municipal. Alberto Nuñez Feijóo realizará desta maneira a súa primeira visita institucional á Comarca do Carballiño desde que foi investido Presidente do goberno galego. En canto ás previsións de asistencia que se manexan a día de hoxe, serán entre vintecinco e trinta mil persoas as que este vindeiro sábo dia 27 de xuño se van trasladar atá  O Carballiño, procedentes de toda a xeografía galega. De confirmarse estas expectativas, a participación sería inferior á rexistrada nos últimos anos. Tamén se referíu a Directora Xeral á austeridade que presidirá este ano o orzamento previsto en relación ás pasadas edicións que estiveran a cargo da Vicepresidencia de Anxo Quintana, aínda que en palabras de Coro Piñeiro este recorte presupostario non impedirá "manter a dignidade" que se merece este día para as persoas maiores. Finalmente, A Directora Xeral tamén asegurou que esta Xuntanza seguirá  celebrandose con carácter anual na vila do Carballiño.