O proxecto de Centro Hípico e Escola de Equinoterapia, a Festa Castrexa e o Festival Celta, no programa especial dedicado ao concello de San Amaro. Escóitao aquí.

19, Xullo 2024

O alcalde de San Amaro, Fernando Redondo deu a coñecer o proxecto de ampliación do Centro Hípico, que terá o apoio da Xunta e unha inversión que pasa dos 400.000 euros.

Neste Centro Hípico ten a súa sede a Escola de Equinoterapia de San Amaro, e no que nenos e persoas maiores con necesidades especiais reciben esta terapia, de todo elo falamos coas monitoras Marta e Sonia.

Divulgamos o San Amaro veraniego e festivo, con Cristina coñecimos a programación da Festa da Cabra de Anllo para o próximo mércores dia 24 deste mes de xullo, e con Victor Gulias de "Dar Trela Teatro" avanzamos o que será a gran festa castrexa no castro da Cidade a celebrar o domingo 1 de setembro, e que terá a súa previa o sábado 31 de agosto coa terceira edición do Festival Celta de San Amaro, no que actuarán as agrupacións Zurrumalla e Leira Buxo.

No PODCAST podes escoitar este programa especial dos venres de verán, dedicado ao concello de San Amaro, que foi emitido este venres dia 19 de xullo de 2024.