O PSdeG consigue que PP e Veciños de Piñor voten divididos unha moción socialista na que se pide a derogación da Lei de racionalización da administración local

3, Decembro 2015

Partido Popular e Veciños de Piñor comparten o goberno municipal que preside o alcalde José Luis González.

Non obstante este feito non impedíu que na última sesión da corporación o grupo da oposición -O PSdeG- contase co apoio dos dous concelleiros de Veciños de Piñor para aprobar unha moción na que se pide a derogación da Lei 27/2013 de racionalización e sustentabilidade da adminstración local.

Ademáis, a moción tamén pide que mentres non se deroge a Lei, se proceda á devolución das competencias aos concellos en materia de servizos sociais.

Para acceder ao comunicado de prensa do Grupo Municipal Socialista prema no arquivo adxunto: