O PSOE carballiñés pide que se expoña en maqueta o novo proxecto do contorno da Veracruz

9, Xuño 2012

Os socialistas congratúlanse do anuncio feito por parte dos responsables municipais sobre a previsión "de que as obras estarán rematadas no mes de Novembro, sinceramente desexamos que asi sexa", afirman.

Tamén manifestan desde o PSdeG-PSOE do Carballiño que "vai a continuar coa súa laboura de oposición responsable e ao contrario do que fixo o PP cando non gobernaba, non imos poñer ningún tipo de trabas para o proxecto que se leve a cabo, non imos pedir parkings subterráneos, non imos pedir viais de máis metros", non obstante gustaríalle aos socialistas "saber destas ideas que o señor Marnotes defendeu con tanta forza antes de ser Alcalde".

"O que Marnotes esquece, é que a diferencia del mesmo, a xente ten memoria e os carbaliñeses saben perfectament quen foron os que traballaron por embelecer o entorno da Veracruz durante anos, con difíciles expropiacións, saben quen conseguíu fondos da Xunta, concedidos na etapa do bipartito, quenes emprenderon todo o proxecto e on o culminaron por cumplir coa súa obriga de escoitar aos veciños que discrepaban", suliñan.

Finalmente, os socialistas piden a Marnotes que faga o que o propio Alcalde demandaba no seu momento sobre este proxecto de urbanización do contorno da Veracruz "a presentación previa do que se ía facer nunha maqueta, agardamos que por unha vez sexa fiel a súa palabra e elabore esa maqueta que evitaría novos conflictos e permitiría que todos e todas podian ver con antelación como vai quedar un dos entornos máis emblemáticos cos que contamos", conclúen.