O Puzo do Lago acolle este domingo a celebración da XXX Festa do Cabalo de Maside

21, Setembro 2018

A convocatoria cumple 30 anos neste 2018, e igual que dende a súa primeira edición, volverá ceelebrarse este domingo dia 23 de Setembo na paraxe natural do Puzo do Lago.

Como explicou nesta emisora de radio Lano Botana, concelleiro e organizador da Festa do Cabalo de Maside, por vez primeira vez dende que comezou a celebrarse trasladouse de Agosto a Setembro a convocatoria, coa idea de favorecer a participación tanto de cabalos e xinetes como de público, ao considerse máis idónea estas datas do mes de Setembro.

As 10 da mañá comezará a recepción de participantes, e a partir das 10,15 horas celebraráse unha ruta turística cabalar polas terras de Maside.

Dende as 11 da mañá sucederáse os concursos de andadura serrada, andadura chapeada e trote, que continuarán no transcurso da xornada cun intervalo para o xantar, para o que haberá un servizo de comidas baixo carpa. Hai numerosos premios para cada un dos concursos.

O espectáculo máis sorprendente chegará coa simpática carreira de burros, que terá participantes chegados dende Cantabria, Asturias, Portugal e Galicia.