O Rali de históricos e a Subida Automobilística á Saleta animan o fin de semana carballiñés

13, Abril 2013

Os dous acontecementos deportivos automobilísticos fan do Carballiño o punto de referencia do fin de semana para os afeccionados galegos ao mundo do motor.

O "V Rali do Lacón Historicos" está organizado polo Club Arenteiro clásicos e partíu na mañá do sábado dende a rúa principal, onde poideron verse auténticas xoias rodantes, iconos do automobilismo como os Mini ou os modelos deportivos Jaguar, entre outros moitos. O expiloto carballiñés José Maria Magdaleno, acompañado do alcalde Argimiro Marnotes e o concelleiro de deportes Rodrígo González, deron a saída aos participantes.

A "XX Subida á Saleta", organizada pola Escudería Motor Club Arenteiro e a Federación Galega de Automobilismo, recupera este ano a súa celebración tras a paréntese dunha década. Puntuable para o campionato galego de montaña desenvolvese no recorrido histórico desta proba, no tramo da estrada de Astureses próximo á capela da Saleta, durante a tarde do sábado e a matinal do domingo.