O "Rei" do empate suma outro máis en Espiñedo

17, Novembro 2019

Sobrepasado xa o primeiro tercio do campionato o Arenteiro destácase como o "Rei" do empate, co deste domingo ante o Arousa xa van oito, que sumados ás tres derrotas e tan so dúas victorias, impiden aos verdes poder despegar na clasificación.

Os afeccionados máis rezagados en chegar a Espiñedo perderonse o golazo de Fajardo, que poñía por diante ao Arenteiro cando apenas ían dous minutos de xogo, o de Vilagarcía enganchou un zurdazo dende o borde da área que se colou como un obús pegado ao pau dun incrédulo Manu Táboas, o meta do Arousa.

Desta maneira Fajardo vólvelle marcar ao equipo da súa cidade, o vilargarcián xa lle marcara nos dous partidos da pasada tempada, tanto en Vilagarcía como en Espiñedo, onde o Arousa saíra derrotado precisamante grazas ao gol do seu veciño.

No partido desta tarde valeu un empate, porque na segunda parte o Arousa nivelou o marcador de penalti, nun partido aberto e no que houbo ocasións ante ambas porterías, algunas moi claras.

Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón:

http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=614782&cod_acta=614782