O Servizo de Orientación Laboral do concello do Carballiño reafirma o seu compromiso "para mellorar a empregabilidade da veciñanza e reducir a taxa de desemprego".

4, Febreiro 2023

O Servizo de Orientación Laboral do Concello do Carballiño "continúa traballando pola mellora da empregabilidade dos veciños e veciñas da Comarca, prestando un servizo información, apoio e asesoramento personalizado na procura de emprego", destacan nun comunicado dende a institución municipal.

Este departamento -engaden- segue apostando pola intermediación laboral, como ferramenta para acercar as ofertas de emprego aos demandantes, facilitando a conexión entre traballadores e empresas.

No último trimestre - indican- xestionáronse 11 ofertas de traballo para diversos sectores económicos, principalmente, no sector industrial, forestal e de servizos. Estas vacantes foron cubertas por demandantes de emprego inscritos na bolsa de traballo creada e xestonada por dito servizo.

Por outra banda, o servizo de orientación laboral aposta pola formación e cualifcación da poboación activa, informando acerca da oferta formativa, os requisitos de acceso e apoio na inscrición.

Deste xeito, "continúase a motivar a persoas con baixa cualifcación a realización das Competencias Clave e prestando apoio na presentación de solicitude de partcipación nas probas libres. Recordamos que o prazo de inscrición rematará o vindeiro 10 de febreiro de 2023. Asemade, estamos a programar unha acción formatva preparatoria para a superación das probas de avaliación, de carácter gratuita, para todas aquelas persoas interesadas".

Tamén se asesora nos procesos de homologación de titulos e convalidación de estudos estranxeiros.

Por úlitmo, informan da ampliación de novas entdades colaboradoras co servizo para traballar a prol da inserción laboral, manifestando dende o concello carballiés o seu compromiso "para mellorar a empregabilidade da veciñanza e reducir a taxa de desemprego".