O tempo enfriou a cachucha, con boa asistencia ao xantar pero escaso ambiente nas rúas

1, Marzo 2020

Se a do ano pasado fora sen dúbida a mellor da súa historia, a 26ª Festa da Cachucha, a deste 2020 resultou a máis flouxa dos últimos anos.

Tan so á hora do xantar nos restaurantes carballiñeseses que servían o cocido de cachucha mantívose a afluencia de comensais, aínda que en menor número do ano pasado, e nalgún restaurante mesmo tiveron cancelación de reservas.

Tampouco o ambiente no desfile matinal foi o de outros anos, e eso que durante toda a mañá non houbo chuvias, pola tarde a celebración pasou practicamente desapercibida.

Sen dúbida, que o tempo condicionou negativamente a convocatoria, asi como a suspensión das actividades festivas da tarde, tanto o desfile de comparsas como a actuación da orquestra. Precisamente, algunhios hosteleiros non comparten a decisión de anunciar a suspensión das actividades con tanta antelación, fíxose na mañá do venres, o que tamén tería restado afluencia de visitantes.