O Temporal deixa sen suministro eléctrico a gran parte da Comarca e sen emisións a COPE O Carballiño, durante 15 horas

14, Xaneiro 2010

Desde as dúas e media da madrugada comezaron as incidencias coincidindo có paso pola Comarca do temporal de ventos fortes que acadaron refachos de atá 100 km.hora nas zonas de montaña. Árbores caidas sobre os camiños e sobre os tendidos aéreos provocaron averias na rede eléctrica, que afectaron incluso á zona urbana do Carballiño, onde  se produciron cortes no fluido eléctrico durante esta pasada madrugada. Tamén en moitas parroquias dos Municipios de Piñor e San Cristovo de Cea.O Concello do Irixo na súa práctica totalidade e unha boa parte do de Boborás permaneceron sen suministración eléctrica desde as 3 da madrugada, afectando tamén os equipos reemisores de tv e radio, ubicados no monte do Castelo, na parroquia de Madarnás, polo que COPE O CARBALLIÑO estivo sen emisión desde esa hora da madrugada e atá as seis da tarde, cando se recuperou o suministro eléctrico. Na zona traballaron operarios da empresa contratada pola compañía eléctrica para retirar as árbores caídas sobre os tendidos e repoñer o servizo. Tamén Protección Civil estivo activa toda a xornada atendendo numerosas incidencias, a maioria pola caída de árbores sobre as estradas e camiños de acceso a distintas localidades da zona rural, Cabanelas, A Piteira, Arcos, A Pedriña, O Irixo e San Amaro, entre outras.