O temporal deixa unha persoa ferida no Carballiño e numerosas incidencias na Comarca

25, Febreiro 2010

A caída de tellas e anacos dunha cornisa na rúa Juan Pajariño deixaron ferida hoxe a unha persoa, unha rapazaque necesitou asistencia médica.  No centro de saúde recibíu seis puntos de sutura na cabeza, non reviste gravidade.O suceso produciuse minutos despois das dúas da tarde. Desde o mediodia foron continúos e intermitentes os cortes no suministro eléctrico en toda a xeografia comarcal, incluida a propia vila do Carballiño, que rexistrou varios microcortes na rede eléctrica desde a unha e media da tarde. O temporal de chuvias e fortes ventos provocaron a caída de árbores sobre os tendidos, coas conseguintes averias na subminstración eléctrica.Tamén foron numerosas as incidencias no tráfico debido a caída de árbores nas vias públicas, sobre todo nas zonas de montaña, nos Concellos de Avión, Boborás, O Irixo e Cea. Protección Civil do Carballiño recibiíu avisos para retirar árbores caídos sobre a rúa San Cibrao e no Varón de Seoane. No Concello de Avión, o vento derrubou unha marquesina, e os Servizos Municipais de Emerxencias foron requeridos en varias ocasións. En Leiro, o rio Avia xa se desbordou nalgunhas zonas, e por ese motivo foi preciso evacuar a animais domésticos na localidade de Viete, para evitar que quedasen anegados pola auga. Según as previsións meteorolóxicas, o pior do temporal aínda está por chegar, a partir do mediodia deste vindeiro sábado 27 -dia de feira no Carballiño-, xa que están previstos refachos moi fortes de vento e chuvias persistentes, de intensidade localmente moderada, según avanza www.meteogalicia.es nas previsións para esta fin de semana.