O verán cultural inclúe este ano un festival de bandas de música

5, Xullo 2010

(Redacción. Rocio Campos) Un ano máis chega a O Carballiño o verán cultural durante os meses de Xullo e Agosto. Algunhas das actividades descatadas no mes de xullo son a "Semana Grande para os pequenos" que terá lugar do día 5 ó 9 de xullo de 19 a 21 horas con diferentes obradoiros creativos. Na segunda quincena hai que descatar tamén  un Festival benéfico a favor de Cruz Vermella que terá lugar o sábado 17 a partir das 19:30 horas na Pista Roxa e que contará con grupos como Demetrius, Susi Q's, Os moiantes e Laura de Factor X entre outros.O mes de Agosto comeza con Xociviga que durará dende o 2 ó 6 con actividades moi variadas como cine, exposicións e  concursos. Durante a segunda quincena, do 16 o 20 realizarase o Festival de Títeres don diferentes obras como "As aventuras de Polichinela e a Galiña negra", LBA e Marxos e os xoguetes encantados", "O gato simple", "Marusía" e "Títeres Tanxarina", todas elas ás 19:30 horas na Praza Maior. Pero a gran novidade deste ano, como anunciaba Asunción Rivero, será o Festival de Bandas de Música que nos amenizarán durante as tardes do 27, 28 e 29 de Agosto a partir das 20:30 horas na Praza Irmáns Prieto. As bandas elexidas son A Banda de música de Merza, a Banda de música de Celnova e a banda de música La Lira de Ribadavia.