O veto dos gobernantes carballiñeses ó canto dunha saeta desde o balcón do Concello xenera polémica e numerosas críticas

4, Abril 2010

Foi ún dos temas que máis deu que falar nesta pasada Semana Santa no Carballiño, a prohibición por parte das autoridades municipais para que se pudera cantar unha saeta desde o balcón da casa do concello na procesión dos Caladiños, do pasado venres santo, que volveu convertirse -por certo- nunha gran manifestación popular, pola gran concurrencia que rexistrou. A Cofradia da Veracruz, organizadora do evento, recuperou este ano unha tradición que noutros tempos xa existía no Carballiño, o canto de saetas ó paso da procesión central da Semana Santa Carballiñesa. Para elo, pediron permiso ós responsables municpais, e inicialmente non puxeron obxeción algunha, polo que así se programou e estaba anunciado na publicación oficial da Cofradia da Veracruz, que tamén se editou este ano por primeria vez, que a saeta cantaríase desde o balcón da casa do concello. Pero todo daría un xiro inesperado o lúns 29, ó remate do pleno ca corporación municipal, unha concelleira do gupo de goberno -eso foi o que trascendeu- recriminou en duros termos ó Alcalde por conceder esta autorización, porque "era un acto relixioso, impropio de facerse nun edificio publico, e neste caso na casa de todo o pobo do Carballiño, eso non se pode permitir". O comentario fíxose chegar, tamén desde a casa do concello, ós rsponsables da Cofradia da Veracruz, e facéndolles ver que "o mellor era buscar unha saída sen máis conflictos". Ante este panorama, a Cofradia da Veracruz anuncio o cámbeo de escenario, e finalmente Almudena Mosquera -a carballiñesa que cantou a saeta- fixoo desde o balcón dun piso particular, na mesma praza maior. En declaracións a Cope O Carballiño, o Alcalde Carlos Montes manifestou que "nin se autorizar nin se desautorizara, pero non tén lóxica que o Concello se utilice para ese tipo de fin, todos sabemos o que siñifica o Concello institucionalmente". A decisión, sen embargo, non gustou a un gran sector da poboación carbaliiñea, e así o poñen de manifesto moitos comentarios que se escoitaron nos últimos dias. Para moitos, chamou a atención e critican como se prohibe utilizar o balcón da casa do Concello para un acto que non deixa de ser unha manifestación cultural e tradicional, e nese contexto, poñen de exemplo os numerosos Concellos de moitas partes de España -moitos deles gobernaodos polo PSOE- nos que sí se utilizan os Consitorios para este tipo de actividades, polo que consideran que a decisión dos gobernantes carballiñeses foi un exceso, aínda máis difícil de explicar nun pobo coma o Carballiño no que o 80% d súa poboación se confesa católica. E tamèn hai quen recorda como este veto crea un precedente discriminatorio por parte do Concello do Carballiño, que sí autorizou a utilización de instalacións municipais, como a Casa da Cultura ou mesmo o pavillón de deportes, para outros actos de carácter extrictamente relixiosos.