O Viñao desbórdase no Irixo, o Arenteiro no Carballiño, o Avia en Leiro, igual que o resto dos nosos rios nun histórico 1 de xaneiro de choiva, con máis de 100 l/m2

1, Xaneiro 2023

As precipitacións acumuladas dende a tarde deste pasado sábado ata o mediodia de hoxe domingo xa alcanzan os 100 L/m2 nalgunhas zonas da comarca, como mostran os medidores de Meteogalicia, e mesmo cantidades superiores como acontece na estación de control de Amiudal, no concello de Avión, no que se rexistran 120 L/m2 ou os 130 L/m2 en Povadura, no concello de Cea. En Leiro, o medidor de Meteogalicia recolleu 110 L/m2 neste mesmo intervalo de tempo, igual que practicamente en todo o noso ámbito  comarcal O Carballiño-Ribeiro.

A gran cantidade de precipitacións provocou o desbordamento de varios dos nosos ríos, como aconteceu de novo co Arenteiro ao seu paso polo Carballiño, O Viñao ao seu paso pola capitalidade municipal do Irixo, o Avia en Leiro, o mesmo que O Carrás ou río Varille, que provocaron grandes inundacións na zona de Porto de Eguas, no concello carballiñés.

Nas fotografias poden verse os desbordamentos do Viñao no Irixo e o Arenteiro no Carballiño.