O xulgado abre dilixencias previas tras a denuncia dunha traballadora contra o alcalde

11, Abril 2014

A traballadora, que agora denuncia ao alcalde do Carballiño por un presunto delito de prevaricación, fora despedida en 2012.

O goberno municipal xustificara catro despidos de traballadores para cumplir co plan de axuste. Non obstante, esta traballadora, adscrita ao departamento municipal de servizos sociais, aducira que o seu despido obedecía a "motivos ideolóxicos", tal como posteriormente recollera a sentencia que considerara como nulo o despido, polo que a traballadora recuperou o seu posto de traballo.

Tras a denuncia da traballadora, o Xulgado nº 2 do Carballiño abríu dilixencias previas, requerindo a Policia Xudicial diversa documentación relativa ao caso nas dependencias municipais.