As obras en Curros Enríquez enfronta a grupo socialista e alcalde

17, Xaneiro 2014

Os socialistas consideran as obras de Curros Enríquez unha chapuza, respostalle o alcalde manifestando que están a cumplirse prazos e compromisos.

Comunicado do Grupo Municipal Socialista

O Grupo Municipal dos Socialistas do Carballiño critican a “chapuza” feita polo Concello coas obras na rúa Curros Enríquez e as “escusas e mentiras” sobre a peatonalización parcial da mesma, despois de que o concelleiro de Obras, Magín Daparte, anunciase que a rúa seguirá pechada dous meses máis para renovar o abastecemento de auga.

 Os socialistas consideran que esta nova obra é “unha escusa para mantela pechada dous meses máis” e que “todo apunta a que o obxectivo é non abrir a rúa ao tráfico, incumprindo o acordo acadado cos comerciantes”.

 Lembran que dito acordo  implicaba que a rúa sería peonil tan só fóra do horario comercial, e o resto do día estaría aberta ao tráfico rodado. Fanse eco da indignación dos comerciantes, que ven como o Concello vai “escusa tras escusa  alongando no tempo o momento permitir o paso de vehículos pola rúa e incumprimento tras incumprimento xa que nin remataron os traballos no prazo previsto, nin mantiveron os aparcamentos”.

Sinalan que a pesar dos diferentes prazos anunciados para o comezo das obras, estas non empezaron ata finais de novembro, polo que foron feitas “a presa e correndo” para non perder a subvención da Xunta. “O resultado foi unha chapuza, cunha rúa empedrada ás presas, que provocou gran cantidade de charcos e tubaxes e rexistros de auga atascados, e implicou que os comerciantes se viran afectados por ter a rúa en obras durante o nadal”.

“Para rematar de pechar o círculo da torpeza, engadiuse a promesa de que a rúa quedaría aberta ao tráfico a partir do 18 de decembro, logo pasou a ser para o 8 de xaneiro e agora o Concello anuncia que seguirá así dous meses máis”, denuncian os socialistas, que lamentan que os veciños foran “vilmente enganados polo alcalde e o concelleiro de Obras”.

 Por elo, os socialistas esíxenlles que convoquen unha reunión para dar explicacións aos veciños e comerciantes afectados, en lugar de seguir buscando escusas. “Que dean a cara e digan claramente se o obxectivo é incumprir o acordado cos comerciantes ou todo era unha estratexia para calmar os ánimos pero que nunca tiveron intención de cumprir”.

Comunicado de resposta do Alcalde

Argimiro Marnotes, alcalde do Carballiño, representando ao actual grupo de goberno municipal, considera positivas as critícas elevadas por parte do PSdeGPSOE en relación á obra da rúa Curros Enríquez. E considéras positivas porque estamos comprobando como todas as criticas deste partido da oposición son a obras e proxectos que foron aplaudidos polos veciños do Carballiño, e é para eles para os que estamos a traballar dende o grupo de goberno, polo tanto unha crítica do PSOE equivale a un éxito do goberno municipal e a un beneficio para os veciños e veciñas desta vila.

Neste mesmo sentido o alcalde carballiñés recordaba que "en pasadas ocasións criticaron, e cualificaron de forma despectiva, proxectos executados por este goberno municipal, como foi o caso do ámbito da Veracruz, cualificada por eles como Lameiro, aínda que para a inmensa maioría dos veciños foi un gran logro e a recuperación un espazo para o desfrute de todos. O mesmo espazo que o PSdeG -PSOE do Carballiño quería encerrar entre muros de formigón".

Con respecto á rúa Curros Enríquez, o alcalde do Carballiño quere manifestar que  que, tal como lle dixo aos comerciantes desta rúa, aproveitouse unha subvención da xunta de Galicia para cambiar o aspecto desta, e con fondos propios cambiou un tramo de canalización de auga, separáronse as augas pluviais e modificouse a rede de saneamento, todo iso por un importe total de: 120.000 € e realizada en tempo e forma sen que se prexudicase a subvención concedida.

Así mesmo, e tal como se anunciou aos comerciantes, en xaneiro deste ano, adxudicariamos a obra que faltaría e para a que en 2013 non había partida económica, que é o cambio de canalización dun lateral, onde se producen innumerables roturas na subministración de auga e que provoca moito malestar no comercio e veciños desta rúa. Neste aspecto destaca o alcalde "posiblemente para os socialistascarballiñeses este non era un problema real dos veciños, por iso non dan importancia ou critican unha actuación que vai evitar que se repitan as inundacións nesa rúa".

Esta obra que esta valorada en 48.000 euros se executará de inmediato, e é unha obra na que se introduce unha canalización nova dentro da vella e só se abre a beirarrúa para resolver as acometidas, e para esta obra e por seguridade non se abrirá ao tràfico.

O actual goberno, non só está a cumprir os seus propósitos e compromisos coa transformación desta rúa, senón que, ademais tamén con respecto aos acordos coa apertura desta, e que se fará tan pronto rematei a obra que comezara en breve. Aínda a sabendas que son máis os comerciantes que xa están a favor dapeatonalizacion total da rúa que da apertura ao tràfico, principalmente logo da experiencia na tempada do Nadal, polo que, mentres dure a obra de rede de auga, o grupo de goberno segue aberto a novas propostas, propuetsas que se fixo xa ao concello de forma individual.

En conclusión aínda a pesar do mal gusto do grupo socialista no concello, O Carballiño está a transformarse de forma máis que digna a prol de accesos máis axeitados e que protexen máis dignamente noso gran patrimonio que é a Veracruz e que potencia o noso comercio local. O alcalde do Carballiño manterá, precisamente, unha reunión cos comerciantes da rúa Curros Enríquez a próxima semana, para coñecer a súa decisión de peatonalizar ou deixar como se acordou na última reunión.