A Oficina Municipal de Turismo da Alameda recibíu este verán 2.055 visitas

22, Setembro 2016

A oficina municipal de turismo recibiu durante este verán 2.055 visitas, o que supón un 2% máis que o ano anterior. E eso que este ano a oficina estivo aberta un mes menos que na pasada tempada, na que se contou cunha subvención para a contratación de axentes dende o 1 de xuño ao 30 de setembro.

Entre o 15 de xuño e o 14 de setembro, realizáronse 855 consultas, na inmensa maioría presenciais, e o resto por teléfono.

Tres de cada dez solicitantes de información turística procedían dalgún lugar de Galicia, mentres que o resto eran originarios das comunidades de Madrid, Andalucía e Castela-León, así como de Cataluña, o País Vasco e Valencia, que ocupan os postos quinto, sexto e séptimo en canto á procedencia dos visitantes.

No mes de setembro produciuse unha variación importante, pois case a metade dos visitantes son galegos, mentres os procedentes doutras comunidades foron maioritariamente andaluces, catalás, vascos e rioxanos.

As solicitudes de información de visitantes residentes fóra de España producíronse en maior medida no mes de xuño, con case un 25% do total de visitantes, e o resto dos meses entre un 5% e un 7%.

Os monumentos, os espazos de natureza, o balneario, o camping e a gastronomía acapararon unha boa parte das demandas de información na oficina municipal de turismo. Así, entre as oito peticións de información máis demandadas figuran o templo da Veracruz, o Paseo do Arenteiro, o Parque Municipal, o Museo Etnográfico, o Balneario, a Piscifactoría, o camping e onde comer polbo.

Asemade, suscitaron o interese dos visitantes outros lugares do Carballiño e da comarca e eventos como a I Feira Medieval, a Festa do Pulpo, rutas de senderismo, o mosteiro de Oseira, Pazos de Arenteiro, Banga e as igrexas románicas, petroglifos, aloxamentos, restaurantes e as piscinas municipais.