Operación renovación no CD Arenteiro para afrontar unha esixente tempada na 3ª división

20, Xullo 2018

Coincidencia xeralizada no fútbol galego, a tempada 2018-2019 será a de máis nivel competitivo e deportivo dos últimos anos, e con esta idea CD Arenteiro iniciou a súa preparación o pasado dia 18 de Xullo, con 10 caras novas en Espiñedo.

Chegan ao club o gardameta portugués Rui Santos, os defensas Iago Fernández e Ross, os centrocampistas Cassio e Alberto, e os dianteiros David Mitogo, Róber e Hugo Sanmartín, todos eles fútbolistas contrastados pola súa traxectoria en equipos de 3ª división e 2ª B.

Tamén están a facer a pretempada  Xoel e Iván Otero "Rubio" e o canteirán Fernando, asi como varios futbolistas que están a proba.

O club aínda sigue traballando para cerrar o plantel, pendiente do mercado, para completar un equipo no que continúan da pasada campaña Pachi,  Adrián Pol, Alex Bardelás, Manu Bardelás,  Maxi, Portela, Padrón, Abdil, Igor Sevivas e Carlos de Dios.

Ao cadro técnico dirixido por Manel Vázquez incorpórase como adestrador de porteiros Juan Carlos Aguiar, xunto a Julio Nóvoa como 2º adestrador, Santi Ferrón prerarador físico e Martín Pérez, fisioterapéuta.

O primeiro amigable da pretempada será o martes 24 de Xullo en Espiñedo ante o Lugo B, e o primeiro partido oficial o domingo 29 de Xullo no Estadio do Couto en partido de COPA FEDERACION ante o locatario Ourense C.F.