A oposición da un "ultimátum" ao goberno municipal para que presente a RPT do concello, de non facélo solicitarán un pleno extraordinario

25, Abril 2018

Os portavoces dos 3 grupos políticos da oposición protagonizaron unha comparecencia conxunta na que trasladaron á opinión pública o seu malestar co grupo de goberno pola tardanza en presentar o expediente da Relación de Postos de Traballo -RPT- e orzamentos municipais para este ano 2018.

Agardaban, despóis de 3 meses sen celebrarse sesión de pleno, que figurasen na órden do dia da convocatoria plenaria deste xoves, polo que manifestan sentirse decepcionados e enganados.

Dende Alternativa Veciñal-En Marea, Bernardo García esixe que o goberno leve a pleno a RPT a menor brevidade de tempo posible, sen descartar unha posible alternativa conxunta cos outros dous grupos da oposición se a xestíon municipal non avanza.

O portavoz do BNG, Chema Ferreiro, non descarta ningún "hitpotético escenario político" como solución para superar un goberno ineficaz e con graves problemas internos, que en 24 horas son capaces de decir unha cousa e tamén a contraria".

Finalmente, Argimiro Marnotes dixo que "o Partido Popular está en disposición de de prestar tanto a BNG como AV os seus 6 edís para facer valer a maioria que a oposición ten no pleno da Corporación e tratar "todo o que o grupo de goberno non quere tratar".

Neste sentido, Marnotes lanzou un ultimátum ao grupo de goberno socialista, advertíndolle que si nun prazo de 15 dias "non leva a pleno  un expediente de RPT axustado á legalidade", daquéla apoiarán a solicitude dun pleno extraordinario.