A oposición municipal critica a obra de acondionamento para a ubicar as polbeiras no parque

31, Maio 2012

Primeiro foi o grupo extra-municipal do Encontro Irmandiño, ao que agora se suman nas súas críticas os grupos municipais do PSdG e BNG no Concello do Carballiño.

A polémica obra foi presentada este pasado martes polo Alcalde do Carballiño "para atender a unha demanda do sector, que viñan facendo desde fai anos e nunca se atendera por parte do concello". O proxecto, cun investimento de 40.000 euros, consistirá na construcción de 16 espazos de 5,75 mts X 2,60 mts, no camiño que tradicionalmente ocupan os postos de polbo nos eventos festivos que se desenvolven no parque carballiñés.

 Según explicou Marnotes "estas plataformas serán absolutamente respetuosas co entorno natural do parque e pretenden preservar o medio ambiente, combinando terra, predra e natureza". Os espazos levarán unha base de formigón e recubriránse con pedra do país, a nivel do propio terreo, e serán provistos de servizos de auga e sumidorios.

O grupo municipal socialista presentou un escrito no que demanda do Alcalde unha copia do proxecto "para a instalación dunhas plataformas de formigón". Á espera de analizar esa documentación, os socialistas manifestan que "a primeira impresión non pode ser máis negativa", e para xustificar esta impresión apuntan "que por moito que diga o Alcalde, o impacto de tanta cantidade de formigón no parque vai afectar notoriamente á imaxe deste e pode ter efectos moi nocivos sobre árborres e plantas".

Os socialistas tamén inciden no coste económico da obra "a cuestión económica da man do Señor Marnotes é de puro delirio, fártase de decir que o concello  está na bancarrota -algo que desmintíu a súa propia auditoria- e pensa gastar 40.000 euros nuns elementos que só se van utilizar dous dias no ano", asegurando ademáis que "moitos pulpeiros cos que falamos amosanse contrarios a esta obra, e explican que o seu sector ten moitas outras necesidades máis urxentes".

Para o Bloque Nacionalista Galego, esta actuación pon de manifesto "a opacidade e falla de transparencia do Partido Popular á hora de acometer obras en lugares emblemáticos do Carballiño". Os nacionalistas critican que estas obras sexan presentadas a través dos medios de comunicación "e non na casa do concello como debería ser".

Lamentan desde o BNG que o proxecto non conte coa avaliación de técnicos medio ambientais "que valorarían o impacto de formigón nun espacio como é o parque, con graves problemas de erosión e con zonas agónicas que urxen medidas urxentes e integrais".