A oposición solicita un informe de legalidade: o alcalde do Irixo leva seis meses sen convocar o pleno, con tan so seis celebrados no que vai de mandato

24, Novembro 2017

Os voceiros do Grupo Municipal Socialista Iago Fariñas Valiña, do Grupo Polos Veciños José Manuel Prieto García e do Grupo Fai O Irixo Florentino Pérez Bernárdez do Concello de O Irixo, denuncian a pasividade do alcalde que non convoca os plenos e veñen de solicitar un informe de legalidade referente a periocidade na que o Sr. Alcalde debe convocar os plenos ordinarios do Concello do Irixo.

Dende a oposición municipal, de forma conxunta, manifestan:

PRIMEIRO.- Que o último pleno ordinario neste Concello se celebrou pasado19 de maio de 2017, fai mais de 6 meses.

SEGUNDO.- Que dende a constitución da corporación municipal no pleno do pasado 13 xuño 2015, fai xa mais de 28 meses, o alcalde ven convocando os plenos de forma arbitraria, sen atender os prazos e/ou períodos que marca a lei e o propio acordo plenario desta corporación de 17 de xullo de 2015. Non ter sequera a deferencia de cómo en outros concellos ou lexislaturas anteriores, prefixar unha data para coñecemento de todos/as os/as concelleiros/as e poder conciliar correctamente a vida laboral e familiar e a actividade municipal.

TERCEIRO.- Que so se teñen celebrado no Concello do Irixo 6 plenos ordinarios en toda a lexislatura e outros catro extraordinarios por iniciativa do Sr. Alcalde (Pleno de ordinario 19 maio 2017, pleno de extraordinario 30 setembro 2016, pleno de ordinario 31 agosto 2016, pleno de extraordinario 22 xullo 2016, pleno ordinario 31 maio 2016, pleno ordinario 17 marzo 2016, pleno ordinario 24 novembro 2015, pleno ordinario 28 setembro 2015, pleno de extraordinario 17 xullo 2015, pleno extraordinario de constitución 13 xuño 2015), sendo convocados outros 3 a instancias dos grupos da oposición (Pleno de extraordinario de 12 xullo 2016 e pleno extraordinario de 29 marzo 2016), un incluso por imperativo legal o non ser convocado polo Sr. Alcalde a pesar de ser solicitado en tempo e forma (Pleno de extraordinario de 11 xaneiro 2017).

CUARTO.- Que na presente lexislatura dende o pasado 12 de xuño teñen pasado 28 meses no que segundo a lexislación autonómica, os plenos deberían de celebrarse cada dous meses, polo que no concello do Irixo entendemos se tiñan que ter celebrado polo menos uns 14 plenos dos que so se teñen uns 6 plenos ordinarios e outros catro a iniciativa do Sr. Alcalde, 8 plenos menos dos que entendemos marca a Lei galega, e incluso a propia corporación aprobou no súa sesión plenaria de 17 de xullo de 2017 no punto nº 3 da orde do día “periodicidade das sesións” celebrar os plenos cada dous meses. E todo elo a pesares de que existen mocións para ser tratadas nos plenos, e suficiente consultar a orde do dia dos plenos extraordinarios solicitados pola oposición con mais de 20 puntos na orde do día.