As orquestras Tango, Gran Parada, Marbella e Combo Dominicano, e as bandas de música do Carballiño e A Lira, prato forte das Festas de San Vitorio

26, Agosto 2019

A noite de música folc e de música tradicional convertaráse na previa festiva do dia grande do San Vitorio, este martes 27 de Agosto, que ademáis será festivo de carácter local no municipio de Maside.

A programación ábrese ás 10 horas con bombas de palenque e pasarrúas da Banda de Música A lira de Ribadavia, logo ás 12 do mediodia celebraráse a misa solemne na igrexa parroquial de Santo Tomé de Maside, cantada pola coral A Torre.

Á unha da tarde a Banda de Müsica A Lira ofrecerá un concerto na Praza Maior de Maside.

Pola tarde haberá pasarrúas coa Escola de Música Tradiconal de Maside, e as 18:00 horas inaugúrase a Mostra-Feira de artesanía infantil na Alameda.

A verbena estará amenizada polas orquestras Tango e Gran Parada, é á medianoite está programada unha sesión de fogos artificiais.

Para o mércores 28, os pasarrúas matinais estarán a cargo da Banda de Música do Carballiño, que ofrecerá un concerto ás 13 horas..

Pola tarde continuará a Mostra-Feira de Artesanía na Alameda, e pola noite a verbena que despedirá estas festas de San Vitorio, coas orquestras Marbella e Combo Dominicano.

Finalmente, para o próximo domingo dia 1 de Setembro, quedarán a celebración da Carreira Popular e a Andanina Concello de Maside.