Os Alcaldes do Carballiño e Lalín entrevistanse co Conselleiro de Medio-Ambiente en demanda de información sobre a incineradora

11, Xaneiro 2012

Os Rexedores Municipais de Lalín e O Carballiño, ambos do Partido Popular, acuden a esta cita co propósito de demandar do Conselleiro información sobre o proxecto de intalación da incineradora que a empresa Estéla Eólica pretende ubicar no municipio do Irixo.

Aínda que a reunión non foi anunciada oficialmente, o Alcalde do Carballiño recoñeceu no programa "Asi son as mañás de COPE O Carballiño" que "na ánsia que temos os dous Alcaldes de ter máis información, alá imos para saber dela, ademáis de facerlle chegar persoalmente ao Conselleiro a nosa postura sobre este asunto".

Marnotes e Crespo coinciden, neste caso, en considerar desacertada a decisión de ubicar esta planta de residuos no municipio do Irixo. A corporación municipal do Carballiño acordaba por unanimidade a pasada semana posicionarse en contra da instalación da incineradora na ubicación que se ven anunciando

HERNÁNDEZ ABRIU A ROLDA INFORMATIVA CON  MARNOTES

Ademáis dos Alcaldes de Lalín e O Carballiño, o Conselleiro de Medio Ambiente tamén ten previsto reunirse cunha representación dos veciños do Irixo que se opoñen a este proxecto industrial.

Na primeira destas entrevistas, o Conselleiro explicou ao Alcalde do Carballiño que a administración autonómica  desenvolverá este proxecto coa máxima esixencia e estará vixiante para que se cumpra con rigor toda a normativa referida a este tipo de instalacións e defendeu a ubicación no municipio do Irixo da planta de residuos como unha gran oportunidade para toda a comarca do Carballiño.

Neste sentido, a empresa Estela Eólica deberá presentar á Xunta de Galicia un proxecto para a construción e explotación da planta que cumpra con todos os requisitos técnicos, legais e medioambientais. En concreto, terá que superar, entre outros, os trámites de avaliación de impacto ambiental e de autorización ambiental integrada.

O proxecto forma parte do plan industrial que a empresa Estela Eólica presentou dentro da súa oferta para o concurso eólico convocado pola Xunta de Galicia, e do que resultou ser unha das empresas adxudicatarias.

Tal e como establece o Plan de Xestión de Residuos de Galicia, o complexo de tratamento de RSU do Sur contará cunha planta de compostaxe, unha planta de selección de envases lixeiros procedentes da recollida selectiva, e unha planta de tratamento de fracción resto á que se destinarán os residuos que non se poidan reciclar ou valorizar materialmente. Esta última planta (fracción resto) contará cunha liña de selección de envases de resto previa á valorización enerxética coa finalidade de acadar os obxectivos de valorización material total de plásticos e metais, e unha liña de valorización enerxética.

Pola súa parte, o Alcalde do Carballiño transmitíu ao Conselleiro "a inquietude que temos no Carballiño por este asunto, trasladeille a preocupación que esixte entre a maioria dos veciños pola instalación da incineradora ás portas do Carballiño, e ademáis fixenlle chegar o acordo que adoptamos no pleno da Corporación, que nos próximos dias lle remitirémos por escrito", manifestou Marnotes trala entrevista.