Os bombeiros do parque O Carballiño-Ribeiro súmanse aos traballos de desinfección de lugares sensibles

2, Abril 2020

Os bombeiros do parque intercomarcal O Carballiño-O Ribeiro, dependente do Consorcio Provincial, súmanse aos traballos de desinfección seguindo as directrices marcadas dende o mando único da Xunta na provincia de Ourense para a xestión da crise do coronavirus.

Esta mañá, realizaron labores de desinfección nas dependencias da Residencia de Maiores Irmáns Prieto do Carballiño, e mañá levarán a cabo esta mesma función nas dúas residencias de maiores do Cornuval, según avanzou nesta emisora de radio o alcalde Francisco Fumega que, ademáis, confirmou que ningunha das catro residencias de maiores do municipio do Carballiño rexistran contaxios, nin entre as persoas residentes -preto das duascentas- como entre o persoal que traballa nestas intalacións.