Os clientes do comercio local beneficiaránse dun "bono de compra" que subvencionará o concello, trátase dunha das 5 liñas de axudas previstas polo plan de reativación económica

27, Maio 2020

As axudas que vai conceder o concello do Carballiño no plan de reactivación económica para paliar a crise económica motivada pola pandemia do coronavirus, acordadas por consenso de todos os grupos políticos municipais, terá cinco liñas de subvención, según o avanzado polo alcalde Fumega nesta emisora de radio, que serán destinadas ao comercio, hostelería, autónomos e empresas.

Unha destas cinco liñas de axudas consistirá na creación dun bono de compra do que poderán beneficiarse directamente os clientes que realicen unha compra nos establecementos comerciais do Carballiño "a través dunha tarxeta ou bono desconto que xestionarán os comerciantes, o concello subvencionará unha parte das compras que se fagan, de maneira que se incentiven as vendas, que é o principal obxetivo desta acción", subliñou o alcade.

Ademáis, nas outras liñas de subvención que se contemplarán nas bases reguladoras desta axudas "que pronto serán publicadas no BOP", anunciou Fumega, concederánse axudas para o pagamento de aluguer de locais, asi como para o apoio á transición ao comercio electronico e a creación dunha plataforma de venda telemática.

Outros capítulos subvencionable será o destinado a gastos de prevención, desinfección e equipamento para garantir a seguridade ante o Covid-19, asi como pagar gastos derivados da tramitación de ERTES, tramitación de xestorías e outras relacionadas directamente coa crise sanitaria e as súas consecuencias.