Os comuneiros de Cristimil e A Torre recibirán da Xunta unha compensación económica en concepto de aluguer polo monte veciñal da Cidade

16, Xaneiro 2020

A esta conclusión chegouse tras unha reunión celebrada na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural entre a representación da Xunta e o presidente dos comuneiros de Cristimil e A Torre José Modesto Rodríguez, que acudíu acompañado dos seus representantes legais.

A oferta da Xunta consiste no pago dun aluguer anual aos comuneiros pola ocupación da propiedade comunal do monte da Cidade, onde se localiza o asentamento castrexo e a Xunta edificou o museo da cultura castrexa. Ambas partes volverán reunirse próximamente para ultimar as condicións deste acordo.

Antes, o dia 26 deste mes de Xaneiro celebraráse a asemblea convocada pola Xunta Rectora, que deberá dar luz verde a este acordo.