Os concellos conmemoran o dia internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres, no Carballiño tamén o fai AMICA

24, Novembro 2019

O 25 de Novembro, como dia internacional contra a violencia de xénero, conmemorase con diversos actos e convocatorias, nos nosos concellos.

Ademáis, no Carballiño, a maiores do acto institucional que será as 12 do mediodia na casa do concello, a Agrupación de Mulleres pola Igualdade do Carballiño convoca concentracións na Praza Maior ás 11:30 e as 19:30 horas, nas que se procederá á lectura dun manifesto e gardaráse un minuto de silencio por todas as vitimas de 2019.

En canto ao acto institucional do concello carballiñés, ao mediodia no salón de plenos do consistorio, participan no mesmo unha representación do alumnado dos centros educativos do Carballiño, asi como de diversas asociacións, que asistirán á lectura dun manifesto.

No  concello de Maside celebrouse un pleno municipal no que a corporación -na fotografía- aprobou unha moción na que manifesta o firme compromiso de loitar pola eliminación da violencia machista no municipio e demandando "tolerancia cero para os maltratadores".

En Leiro, ás 10 da mañá, os nenos e nenas do Colexio de Leiro asistirán á proxección da película "Zootropolis", e ás 12 do mediodia terá lugar un acto institucional na Praza do Cruceiro, tamén con lectura de manifesto.

No concello de Avión as actividades conmemorativas do Dia internacional contra a Violencia de Xénero xa comezaron a pasada semana, con obradoiros, a colocación dunha gran parcarta na fachada principal da casa do concello, e continúan este lúns 25 de NOvembro cunha convocatoria ás 11:30 da mañá no centro multiusos no que actuarán as pendereiteiras "Flor de Toxo".

As 13 horas está convocada unha concentración na Praza Maior de San Cristovo de Cea, na que como é tradicional nesta data en Cea, procederáse á lectura dun manifesto pola eliminación da violencia contra as mulleres.

No concello de Piñor ten continuidade o programa de actividades "Novembro Violeta" contra a violencia machista.

Ademáis, o concello de Piñor, asi como os de Boborás, O Irixo, Beariz e San Amaro, acollen nas súas localidades o programa "Contacontos pola Igualdade" da Mancomunidade de Concellos da Comarca do Carballiño.