Os concellos de Maside, Boborás e Cea ofrecen aos estudantes un servizo de impresión gratuíto

6, Abril 2020

O concello de Maside ofrece este servizo para que os nenos e estudantes que precisen imprimir tarefas escolares ou académicas poidan facélo, deberán facer uso deste servizo enviando toda a documentación ao enderezo concello.maside.@eidolocal.es

Deberán ademáis indicar o número de copias, nome e dirección á que hai que levar o material, que será entregado no domicilio dos solicitantes, trátase dun servizo tanto para estudantes de infantil e primaria, como para os de secundaria, bacharelato ou mesmo universitarios.

O concello de Boborás tamén ven de poñer en marcha este mesmo servizo de impresión, que mesmo pode ampliarse co de préstamo de ordenadores para os estuadantes que carezan de medios ou posiblidades para seguir con normalidade as clases durante o periodo que dure o confinamento

O acceso online ás solicitudes pode facerse a través do enderezo: http://estudonacasa.boboras.gal Tamén pode salicitarse este servizo por escrito ou chamando ao teléfono da casa do concello de Boborás, o 988 402008

Tamén o concello de San Cristovo de Cea ofrece xa este servizo de impresión  "que estará en funcionamento durante Estado de Alarma, mediante o cal as familias que así o demanden poderán enviarnos as tarefas escolares dos cativos, imprímenselle e leváselle aos seus domicilios. Voluntarios de Protección Civil colaboran na entrega dos traballos impresos", informan dende o concello ceense.