Os Concellos de Maside e O Carballiño promoven conxuntamente actividades de lecer

30, Xuño 2009

Manolo Dacal e Celso Fernández

Intercámbeo de experiencias e actividades entre os rapaces de Maside e O Carballiño, éste é o obxetivo do convenio de colaboración entre ambos Concellos, que presentaron o Alcalde de Maside Celso Fernández e o Concelleiro de deportes do Carballiño, Manolo Dacal. Todos os mércores e venres de cada semana, haberá servizo de transporte en autocar para trasladar ós rapaces desde O Carballiño atá as piscinas muncipais da Rañoa en Maside, con saída desde a praza do emigrante ás dez menos dez da mañá e regreso desde as piscinas de Maside á unha e media da tarde. Desta meneira pretende ademáis ofrecerse unha alternativa ó peche das piscinas municipais do Carballiño debido as obras de reforma que se están executando nestas instalacións. Pola súa banda, o concello do Carballiño organizará unhas xornadas de intercámbeo cos rapaces de Maside no campig do Carballiño, ónde poderán participar dun amplo programa de actividades no parque etnográfico do río Arenteiro.