Os históricos gaiteiros "Airiños do Carballiño" reciben a homenaxe institucional do concello na 56 Festa do Pulpo

4, Agosto 2018

O concello tributou hoxe unha emotiva homenaxe ao histórico grupo de gaitas “Airiños do Carballiño”, co gallo da celebración da semana grande dos actos da 56 Festa do Pulpo.

O acto, que estivo presidido polo alcalde, e ao que asistiron dous dos integrantes da formación primixenia do grupo, José María Álvarez Rabanillo e Eduardo Bernánder López, así como o integrante dunha formación posterior, Manuel Cendón, ademáis dos concelleiros de Turismo e Cultura, José Manuel Dacal e Diego Fernández, e dúas concelleiras representando ao grupo municipal do PP, Pilar Caride, e ao do BNG, Sofía Hermida, congregou no salón de plenos de concello a familiares dos integrantes.

No saúda, o alcalde explicou os motivos da homenaxe, e fixo fincapé na trascendencia deste grupo de gaitas na historia da música tradicional galega no Carballiño.

“O pasado ano, con motivo da presentación da cantiga dedicada á Festa do Pulpo por Xosé Luis Foxo co título de “A pulpeiriña do Arenteiro”, Felipe Senén escribiu un artigo titulado Músicas e Cantares Populares que resoan no Carballiño. Neste artículo citábase ao grupo de gaitas Airiños do Carballiño.

Foi realmente un grupo histórico da nosa vila, nado no ano 1969 por mor dun grupo de amigos que xogaban cada día a partida no Bar Sobrino, e que colleitou moitísimos éxitos ata a primeira metade da década dos anos 70, cando deixaron de tocar xuntos porque eran tantas as actuacións que tiñan, que xa afectaba aos seus traballos, e había que elexir entre o un ou o outro.

O grupo estaba formado por José María Álvarez Rabanillo, José Carramal Bueno, Manuel “Chantada”, Ernesto Roo, José Villar Pereira, César Pereira Rodríguez, Angelino García Bravo “Geli” e Eduardo Bernárdez López.

Tiveron a primeira actuación na Festa do Pulpo do ano 1970, e nese mesmo ano formaron a Unión co Ballet Folklórico Orensano.

Pronto acadaron unha gran sona e actuaron en Oporto, Visseu, Liceo de Matosinhos, Liceo de Lugo, en Bilbao e en moitos outros lugares.

No ano 1971 foron invitados polo programa España en directo de TVE, grabando todo o contido musical do programa, cunha trascendencia extraordinaria.
Ademáis da calidade musical do grupo, “Airiños do Carballiño” caracterizouse por vestir traxes de gala de gaiteiro, sendo probablemente o primeiro grupo de gaitas ataviado co traxe de gala de gaiteiro con chaqueta.

Aqueles traxes foran confeccionados por unha modista de Toscaña, según un modelo copiado dun libro que se atopou na tamén histórica librería Soto, ubicada na rúa do Paseo do Carballiño.

Non cabe dúbida que Airiños do Carballiño marcaron unha época, e de aí esta homenaxe, que ten lugar nas vísperas da 56 Festa do Pulpo, lembrando a súa primeira actuación hai corenta e oito anos, nunha daquelas primeiras edicións da festa.

En memoria daquel acontecemento queremos lembrar hoxe a todos os compoñentes da formación, aos que lamentablemente xa non están con nós (José Carramal Bueno, Manuel “Chantada”, Ernesto Roo, José Villar Pereira e Angelino García Bravo “Geli”), e aos que sí están, José María Álvarez Rabanillo, César Pereira Rodríguez e Eduardo Bernarde López, por aquela iniciativa de recuperación da música tradicional galega e de promoción do nome da nosa vila.

Así mesmo, queremos render homenaxe a quenes conformaron dous anos despois outra formación co mesmo nome, e ao grupo de gaitas do Centro do Carballiño en Bos Aires, a quen lle dedicamos este ano a Festa do Pulpo, e que tamén leva o nome de “Airiños do Carballiño”.

E ademáis, queremos recoñecer o labor doutro grupo histórico de gaitas que xurdiu despois co mesmo nome de “Airiños do Carballiño”, d despois como “Os Renovados”, e do que hoxe temos aquí a un dos seus compoñentes, a Manuel Cendón.

Todos eles, xunto con outros grupos que se crearon máis adiante, como Eiras Nosas, Orcellón e o Grupo de Gaitas da Escola Municipal do Carballiño, que ten na actualidade grandes intérpretes, e que de feito un dos gaiteiros da nova xeración, Isidro Vidal, xunto co seu irmán e outros músicos, vainos interpretar unha composición súa dedicada á Festa do Pulpo, e que se chama “Muiñeira do Pulpo, conforman un grandísimo elenco de músicos carballiñeses que sempre mantiveron viva a nosa cultura, e que nos situaron nun lugar de privilexio en canto á recuperación e interpretación da música tradicional de Galicia.

A todos eles, gracias por espallar o nome do Carballiño por Galicia e polo mundo adiante con orgullo.
Todos sondes parte importante da historia do Carballiño, e temos que dar gracias por contar na actualidade con grandes intérpretes que siguen esta tradición e que garanten que a nosa música goza de boa saúde na vila do Arenteiro.”

A continuación, Francisco Fumega fixo entrega dunha placa conmemorativa desta homenaxe aos integrantes do grupo Airiños do Carballiño presentes no acto.

Por parte do grupo interveu Eduardo Bernárdez, que se referiu aos tempos da súa creación, a finais dos anos 60 e comezos dos 70.
Finalmente, o gaiteiro carballiñés Isidro Vidal fixo a estrea dunha composición súa titulada “Muiñeira do Pulpo”, creada por el mesmo para esta edición da Festa do Pulpo.