Os manifestantes a favor da xornada única esixen a votación e piden os Partidos Políticos que aclaren a súa postura

7, Febreiro 2010

Nais, pais, nenos e tamén avós -250 manifestantes según os organizadores- recorreron esta mañá as rúas máis céntricas do Carballiño polo "dereito a decidir" o horario escolar que queren para os seus fillos no colexio público Calvo Sotelo. O sector que defende a xornada única  considera que "as medidas de presión tiveron un respaldo bastante maioritario, que debería facer recapacitar á consellería sobre a súa postura". En  representación dos convocantes da protesta, Ricardo Paz subliñou que  " O Delegado Territorial da Xunta, Rogelio Martinez, está a facer demagoxia cando afirma que a implantación da xornada única implicaría cambear horarios noutros centros, eso é mentira, porque cós 60.000 euros que tería que aportar a conselleria non hai que modificar horarios nos demáis centros". O portavoz da comsión de pais e nais a favor da xornada única  tamén pediíu. ó inicio desta  manifestción, o apoio dos 3 grupos políticos do Concello do Carballiño "xa que non estarían defendendo un modelo de horario, senón o dereito de veciños e veciñas do Carballiño para que poidan expresar a súa opinión", e solicitou expresamente do Partido Popular que diga "se está a defender ós veciños do Carballiño ou a acatar sumisamente as ordes de Santiago". Os nenos regresarán este lúns con normalidade a clases, ainda que non se descartan novas medidas de presión "atá conseguir o obxetivo, incluso a convocatoria dunha votación para ver se a postura que defendemos é a moioritaria"