Os novos xestores do Matadoiro Municipal do Carballiño anuncian o inicio da actividade para o vindeiro mes de Xuño

23, Xaneiro 2018

O novo matadoiro do Carballiño podería entrar en funcionamento o próximo mes de xuño. Así o confirmou este mediodía o representante da sociedade adxudicataria “Matadero de Carballiño S.L.”, Emilio Pedro González, trala sinatura do contrato.
O acto desenvolveuse na Alcaldía, coa presencia do alcalde, Francisco Fumega; o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira; dous representantes dos tres que integran a sociedade, e da que é portavoz Emilio Pedro González, e o arquitecto Jesús Fernández, autor do proxecto técnico.

Cun orzamento de 1.100.000 euros máis IVE, que comprende tanto a obra civil como a maquinaria, o proxecto de Jesús Fernández contempla a habilitación desta instalación para convertela nun referente dos matadoiros da provincia e de Galicia. Así, será especialmente significativo o tratamento sanitario e medioambiental e de depuración, cumpríndose escrupulosamente a lexislación, e cunha balsa de puríns que serán recollidos por una empresa especializada, e a cocción do sangue para convertelo nun residuo sólido.
O matadoiro conta con 1.600 metros construidos, e terá dúas líneas de funcionamento: bovino e ovino, ainda que non se descarta que incorpore gando porcino máis adiante. Levará cinco muelles de carga e cuadras na parte posterior.
Está previsto que a obra de reforma comece antes dun mes, de forma que o matadoiro entre en funcionamento en xuño sen que impida que prosigan os traballos da reforma.

Francisco Fumega amosou a súa satisfacción por asinar o contrato administrativo da posta en funcionamento do matadoiro, que pon fin a un longo proceso. Agradeceu a aposta da sociedad adxudicataria polo Carballiño e referiuse á creación de emprego que conlevaba. Asi mesmo, destacou que una vez rematadas as obras ía ser o matadoiro máis importante da provincia e incluso dos máis importantes de Galicia.
A esta mesma cuestión se referiu Emilio Pedro González, asegurando que se trata dun proxecto de longo percorrido, pois asumirá o servizo que presta na actualidade o matadoiro de Ourense e que se clausurará en xuño. Por isto, asegurou que sería una instalación cunha gran carga de traballo, contemplándose una plantilla inicial de 13 ou 14 traballadores, que podería ampliarse a 18 a pleno rendimento. Ao respecto dixo que xa había un grupo de 5 carballiñeses que traballan actualmente no matadoiro de Ourense e que se integrarían no do Carballiño. Finalmente, agradeceu a ilusión coa que tomaron este proxecto tanto o alcalde como o concelleiro de Promoción Económica.

Adolfo Nogueira tamén amosou a súa satisfacción polo remate do proceso de xeito positivo, destacando sobre todo o servizo que ía prestar aos carniceiros do Carballiño e á comarca, así como os postos de traballo que se ían crear. “Tras a explosión da caldeira do matadoiro no ano 2012, e dun longo proceso na elaboración e aprobación do pliego, agora temos a certeza de que imos contar cun matadoiro de referencia para Ourense e Galicia”, dixo. Para concluir lembrou que era un compromiso e un dos grandes obxectivos do programa electoral do actual grupo de goberno municipal, e que agora era una realidade.