Os pacientes de Covid-19 na comarca alcanzan a cifra dos 200, deles 155 no Carballiño. No último dia aumentan os casos en Boborás (+2) e O Carballiño (+8)

13, Outubro 2020

Sanidade notifica este martes 13 de Outubro 8 contaxios activos máis ca onte no Carballiño, e alcanza a cifra dos 155. Tamén incrementa en 2 o número de contaxios Boborás, que chega aos 18.

No resto dos concellos non se rexistran variacións, manténse estable o número de casos activos: O Irixo (9) Maside (6) Beariz (5) San Cristovo de Cea (3) San Amaro (2) Piñor (2) Continúa resistindo libre de virus o municipio de Punxín.