Os perímetros de protección que tramitan os balnearios do Carballiño e As Caldas xera inquietude entre a veciñanza pola falla de información

16, Xuño 2009

A solicitude de recoñecemento dos perímetros de protección presentada ante a Xunta por parte dos Balnearios do Carballiño e As Caldas de Partovia está xerando certa inquietude entre a veciñanza, sobre todo na parroquia de Partovia, o que levou a asociación de veciños desta localidade a convocar unha reunión informativa que terá lugar este mércores dia 17 de xuño ás 8,30 da tarde na sede da asociación veciñal, no lugar das Cabadas. A esta reunión foron invitados os Alcaldes dos Concellos de Maside, San Amaro, Boborás e O Carballiño, ós que abarca os rerspectivos perímetros de protección, ós que ambos - As Caldas e O Carballiño- teñen dereito como balnearios históricos. O perímetro de protección recolle tres franxas distintas, sendo a primeira e máis próxima a estos centros balnearios a máis restrictiva en canto a certas actividades industriais e agrícolas, que aparecen recollidas no Real Decreto 116 do ano 2001. O departamento Territorial da Consellería de Economia e Industria somete a información pública esta solicitude, desde o pasado dia 10 de xuño e por un periodo de 20 dias hábiles, ós efectos de presentación de alegacións por parte dos propietarios de terreos, bens e dereitos comprendidos neste perímetro de protección.