Os protagonistas de "1809 A Batalla", a alcaldesa Patricia Torres, e emprendedores de proxectos singulares neste municipio, no programa dedicado a Boborás. Estóitao aquí.

7, Xullo 2023

Todo está preparado para "1809 A Batalla" , a festa históricia que teatraliza os feitos acontecidos o dia 2 de marzo de 1089 na ponte da Cruz de Pazos de Arenteiro en plena guerra da independencia eque vai celebrarse esta fin de semana, sábado e domingo, cun amplo e actractivo programa de actividades para tódalas idades, e que repasamos ao detalle coa axuda de María e Agustín, integrantes da asociación organizadora.

Nesta visita ao concello de Boborás falamos con promotores de proxectos singulares que xa son unha realidade neste concello nos sectores agrícola e gandeiro, en concreto sabemos dun proxecto que combina a producción apícola coa plantación de maceiras nas 22 hectáreas do monte comunal de Ventosa, delo falamos con Daniel Caíña. E tamén conversamos con Juan Fraga, que trouxo a súa explotación gandeira a aldea modelo do Penedo de Xuvencos, e na que recupera ao porco silleiro, unha raza autóctona.

E por suposto, neste programa especial dos venres de verán, que presentamos desde a casa do concello de Boborás, conversamos coa súa alcaldesa Patricia Torres. No arquivo de audio adxunto podes escoitar todas as entrevistas.