Os reis visten de verde e regalan á afección unha goleada ante o Alondras

5, Xaneiro 2020

O Arenteiro derrotou por 3-0 ao Alondras no primeiro partido do ano en Espiñedo, unha victoria que permite aos verdes avanzar tres escalóns na táboa de clasificación, pasando do posto 14 que ocupaba antes de xogarse esta xornada ao 11 que pasa a obstentar, 4 puntos por riba do descenso.

Polo visto neste partido, pouco ten que ver o Alondras co equipo temible das últimas tempadas, sobre todo en defensa, bastante endeble. Asi e todo, houbo que esperar ao útlimos suspiro da primeira parte para que Javi Rey aproveitase un balón solto na área para marcar o primeiro gol do partido.

Os de Cangas non so mostraban debilidade defensiva, senón que tampouco tiñan a súa tarde ante a portería de Rui. Perdonaron o empate cun balón ao poste nunha ocasión moi clara, e despois ata fallaron un penalti, ou mellor e máis xusto decílo, parouno o gardameta portugués do Arenteiro.

 Mentres, Wadir non fallou e transformou o seu tiro dende os once metros, e puxo o marcador en franquicia para o Arenteiro. Finalmente, Mitogo aproveitaba os minutos que lle daban e reinvindicaba o seu estatus neste equipo marcando o 3-0 definitivo.

Para ver a ficha do partido, preme a seguinte ligazón:

http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...