Os servizos de extinción traballan para controlar o incendio forestal declarado na parroquia de Nieva, no concello de Avión.

12, Outubro 2023

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal, activo neste xoves dia 12 de outubro, no concello de Avión, parroquia de Nieva, que segundo as últimas estimacións supera xa as 70 hectáreas de superficie afectada. O lume iniciouse ás 21,34 h. deste pasado mércores e para o seu control mobilizáronse, polo de agora, 8 técnicos, 16 axentes, 26 brigadas, 19 motobombas,  2 pas e 3 avions. A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.