Os socialistas advirten dos danos que causan as obras de abastecemento de auga e critican "a falta de control e desidia do alcalde"

8, Novembro 2015

As obras correspondense co proxecto que está executandose por parte de Augas de Galicia para a mellora do abastecemento de auga aos concellos de San Amaro, Cenlle e Punxín. A actuación, que ten un orzamento que supera os 3 millóns de euros, inclúe a captación de auga no río Miño e bombeo a un depósito distribuídor no monte de san Trocado.

O PSdeG denuncia os danos e perxuizo que a execución do proxecto está provocando en camiños e estradas do concello de San Amaro e critica a que cualifican como "desidia do alcalde Ernesto Pérez" á hora de controlar as obras no termo municipal.

Para acceder ao comunicado do PSdeG de San Amaro prema no arquivo adxunto: