Os socialistas alertan do perigo dun barranco no camiño de acceso á Praza da Moreira de Berán, unha obra que leva meses paralizada

29, Agosto 2020

Os socialistas veñen de presentar un escrito no Concello de Leiro, para indicarlle ao rexedor municipal e ao seu grupo de goberno cando teñen pensado rematar a obra de estabilización do barranco da ctra municipal que vai desde o empalme ata a praza da Moreira, xa que -afirman- leva un monton de meses parada e que supón un perigo evidente tanto para os vehículos que circulan pola mesma, como para os propios veciños que camiñan por esa vía.

Lémbranlle ao goberno municipal que o arranxo desta estrada foi proposta polo Grupo Municipal no ano 2018 atraves dunha mocion "na cal lle pediamos no acordo da mesma, que o Ayto de LEIRO procedese ao arranxo de forma inmediata da ctra no lugar chamado Empalme ata a Praza da Moreira no pobo de Beran, xa que na curva anterior ao cruzamento de Celide existen fochancas considerables e esborralle da estrada, viendose os vehículos obrigados a circular polo lado contrario segundo sentido habitual, xerando unha situacion de considerable perigo para a seguridade viaria dos moitos usuarios que a utilizan", indican.

Tamén manifestan que "o grupo municipal do PSOE de Leiro , foi informado polo noso deputado provincial na deputación provincial Nacho Gomez, que habia asinado un convenio de cooperación entre a deputacion de Ourense e o Concello de Leiro para a execución de óbra Estabilización de terrapléns en Lebosende e Beran por un valor de 22.834´44€ no cal se comprendía arranxar, o que é o terraplen da ctra empalme ata praza dá moreira".

Por iso que os socialistas esixen "ao Grupo de Goberno do Partido Popular que se rematen dunha vez esas obras que están a medias e supoñen un gran perigo para a ciudadania e todo pola despreocupación e o deixamento das funcións que non é outra que exercer as funcións de vixilancia e control en evitacion dunha situación potencialmente perigosa para os usuarios da citada estrada, de modo que compete aos servizos municipais, o mantemento e a conservación das ctras publicas, e así garantir a seguridade en lugares públicos. Esta competencia vén recollida Lei reguladora das bases de réxime local".