Os socialistas botan abaixo a proposta do concelleiro de medio ambiente para ceder á Deputación a recollida do lixo

1, Decembro 2009

Os plantexamentos de Bernardo García para que o concello do Carballiño e a Deputación asinasen un convenio para que a Entidade Provincial se fixera cargo do servizo da recollida de lixo encontraronse coa oposición frontal dos socialistas. Asi se puxo de manifesto no transcurso dunha reunión celebrada hoxe entre a representación dos dous partidos, PSOE e BNG, que integran o goberno bipartito do Concello do Carballiño, e que -tal como estableceron no pacto de gobernabilidade-manteñen xuntanzas periódicas para analizar o desenvolvemento da actividade muncipal. A proposta do concelleiro nacionalista de medio ambiente foi rexeitada polos socialistas, que xa antes e por medio do Alcalde Carlos Montes, discreparan púlblicamente coas manifestacións de Bernardo García, partidario de ceder a xestión do servizo ó organismo provincial. De pouco valeron os plantexamentos técnicos e mesmo económicos feitos polo concelleiro de medio ambiente para defender a súa proposta ante os razonamentos máis políticos do PSOE, partidarios de manter a xestión directa da recollida do lixo, reforzando se é necesario os medios ou incluso explorando outras posibles vías, unha delas, como se ven apuntando, sería integrar o Concello do Carballiño no Consorcio que constituiron varios Concellos das comarcas do Carballiño e o Ribeiro gobernados polos socialistas.