Os socialistas denuncian deficiencias municipais na recollida do lixo e no mantemento de espazos públicos

31, Agosto 2011

O Portavoz Socialista criticou "a desidia e desorganización en tarefas habituais por parte do grupo de goberno", e como exemplos citou Paco Fumega o estado de abandono no que permanecen varios espazos públicos, como o paseo fluvial, a Ponte-Veiga, a rúa de Señorín ou mesmo o entorno da Veracruz, que a estas alturas do ano permanecen sen desbrozar, unha denunica que os socialistas acompañaron con diverso soporte fotográfico. Fumega tamén se referíu a non convocatoria do pleno da corporación municipal que tería que celebrarse este dia 1 de setembro, como se corresponde co primeiro xoves de mes, "outro incumplimento máis da Alcaldia", dixo.

Os socialistas carballiñeses tamén denunciaron "a existencia de augas fecais que sin ningún tipo de depuración seguen verquendose directamente ó rio Carras no lugar do Penedo de Partovia" como puxo de manifesto o Concelleiro Victor Tato, coa agravante "de que esta situación persiste despóis de que fai unhas semanas o señor Feijóo viñese inaugurar a depuradora, que custou 7 millóns de euros", polo que solicitou que se corrixan estas deficiencias "xa que a depuradora aínda está en periodo de probas e non foi entregada ao concello".

Os concelleiros do PSOE afirmaron que "aínda están a espera de que por parte do grupo de goberno se lles facilte a factura da "famosa fregona" pola que se terían pagado 250 euros cando os socialistas obstentaban o goberno municipal, Fumega recordou que fai varias semanas presentaran un escrito solicitando esa  factura "porque estas cousas chegan a cidadanía e a base de mentiras non se pode gobernar, e o grupo socialista non vai permitir mentiras". En canto a situación económica na que os socialistas deixaron o concello, Paco Fumega manifestou que a situación non era tan mala como a que se trataba de trasladar á opinión pública "Lalín ten unha débeda  de case 5 millóns de euros, e O Carbaliño unhos 2 millós", dixo.

A recollida do lixo tamén foi obxeto das criticas socialistas nesta comparecencia ante os medios de comunicación, "algo que tanto preocupaba o PP cando estaban na oposición, e os contenedores siguen cheirando, e son moitas as queixas que recibimos dos veciños", concluiron.