Os socialistas denuncian "deixadez" por parte do concello en materia de limpeza en rúas de Leiro

23, Maio 2020

O portavoz municipal no concello de Leiro, Manuel Rodríguez denuncia publicamente "a deixadez de funcións do Rexedor Municipal, xa que levamos esperando máis de 15 días que foi cando introducimos un escrito por rexistro, solicitando a limpeza das escaleiras que van entre a rúa Padre Eijan á altura do numero 17 e o Paseo Fluvial dentro do centro urbano de Leiro, debido á suciedade e a insalubridade da mesma xa que mesmo debido ao musgo que ten a mesma, por falta de limpeza, algún veciño mesmo xa estivo a piques de caerse nas mesmas".

Os socialistas lembrarlle ao rexedor municipal "que é deber seu de vixiar e velar pola integridade de todos e cada un dos veciños, para que non haxa que lamentar ningún tipo de desgraza, e nesta caso concreto é a integridade física das persoas".