Os socialistas denuncian "o empadronamento fraudulento de medio cento de persoas no Irixo para votar nas eleccións municipais" Varias persoas aparecen empadroadas en casas que levan deshabitadas máis de 20 anos.

25, Abril 2019

O voceiro do Grupo Municipal Socialista, Iago Fariñas Valiña, denuncia "as trampas do goberno municipal do Irixo e o seu entorno, que sabe que non é quen de manter a confianza da maioría da veciñanza e procedeu a instar o empadroamento masivo de persoas no municipio aínda sen que éstas tiveran relación algunha co mesmo", manifestan.

Recorda o portavoz socialista que o alcalde é o que firma os decretos de empadroamento e non pode ser alleo a este fenómeno, se algún empadroamento sabe que é irregular debería non aceptalo e non fomentar dende o grupo de goberno o empadroamento de persoas sen vinculación co concello.

Entre os casos máis salientables, están "os empadroamentos de traballadores da mancomunidade de concello do Carballiño que presiden o tenente de alcalde do Irixo Manuel Cerdeira, traballadores empadroados no Irixo sen ningunha relación co concello e ademáis empadroados en casas propiedade de membros do goberno municipal", aseguran o portavoz e candidato socialista á alcadía.

"Non son os únicos casos escandalosos, tamén empadroamentos de persoas en casas que levan máis de 20 anos deshabitadas ou casas incluso que, ademáis de non vivir ninguén dende fai anos, están á venta. Estas persoas de novo empadroamento ademáis non coñecen nin nunca estiveron nas casas onde foron empadroados nin o pobo onde están as mesmas... un fraude en toda regra fomentado e instigado polo grupo de goberno do Irixo", subliña Iago Fariñas.

Considera ademáis, "especialmente sangrante e escandaloso é tamén o caso dunha persoa próxima ó goberno municipal que presuntamente empadroou no Irixo a uns inquilinos sen ningunha relación co Irixo e que ten alquilados nun piso da súa propiedade noutra provincia", afirma.

"É lamentable que un goberno municipal con maioría absoluta que lle costa á veciñanza do Irixo máis de 73 mil euros ó ano, teña que recorrer ás trampas e ó inflado do padrón municipal para intentar manter unha maioría absoluta que ve perdida polo desgoberno e abandono no que ten sumido ó Irixo nos últimos 32 anos", remata manifestando o portavoz socialista.